Páginas

viernes, 17 de agosto de 2012

Mexilons Vinagreta


     Os mitílidos (Mytilidae), coñecidos comunmente como mexillóns ouchoros (en América do Sur), son unha familia de moluscos bivalvos de grande interese económico e gastronómico. Como outros bivalvos, son animais filtradores que viven fixados ao substrato. Son exclusivamente mariños e viven tanto en zonas intermareais como zonas mergulladas das costas de todo o mundo.
     Na gastronomía dalgúns países é moi frecuente velo cocido, neste momento as valvas ábrense debido á calor e pódese ver o contido do mexillón. Cando se serve adóitase acompañar de diferentes salsas que poden ir dende unha vinagreta ata acompañados con maionesa, é moi popular na cociña española do norte, por exemplo en Galicia onde se adoita tomar cun viño ribeiro ou un albariño. Son moi celebrados en todos aqueles países con acceso a un litoral.

20120724133146

Ingrediente para 4 persoas.
  • 1.5 kg de mexilons
  • 1 pemento vermello
  • 1 pemento verde
  • 1 cebola
  • 2 ovos
  • 1 c/g de pementón doce
  • perexil picado
  • aceite de oliva
  • vinagre
  • sal

20120724133152

Elaboración.
  1. Limpar os mexilóns, abrilos cun pouco de viño branco o vapor.
  2. Corar tódalas hortalizas en brunoise. Cocer os ovos en auga salgada durante 11 minutos e despois refrescar.
  3. Facer a vinagreta cos ingredientes. Colocar os mexilóns nunha bandexa e aliñar coa vinagreta.
  4. Espolvorear de perexil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario