viernes, 13 de julio de 2012

Ensalada da Horta


      Para o bo tempo apetecen pratos lixeiros e frescos, e por iso hoxe traemeos esta ensalada, sabrosa e colorida.
      Unha ensalada é principalmente un prato frío a base de verduras e hortalizas misturadas, cortadas en anacos, e xeralmente aderezadas, fundamentalmente con sal, aceite de oliva, e vinagre ou limón, inda que existen frandes variedades de aliños elaborados e salsas para as ensaladas.En España, as ensaladas mais habituais soen levar leitufa, tomate e cebola, ainda que as ensaladas poden levar virtualmente de todo, incluido ademáis dos mencionados vexetais, arroz, pasta, carnes, peixes....Soe servirse como primeriro plato, e as veces tamén como acompañamento doutros prato, e dependendo dos ingredientes que a compoñan pode consumirse tamén como prato único. 



ENSALADA DA HORTA
 Ingredientes para 4 persoas:
  • 1 leituga de folla de carballo 
  • 1 tomate 
  • 1/4 de cebola 
  • 1/2 cenoria 
  • 12 unidades de aceitunas negras
  •  12 unidades de aceitunas verdes con oso 
  • 1 pemento vermello (tamén chamado pemento morrón) asado 
  • salpementa 
  • zume de limón aceite de oliva 
  • 1/2 c/c de mostaza americana 

Elaboración:
      1. Lavamos folla por folla e cortamos en (chiffonada), escurrimos nunha centrigugadora.
      2. Lavamos o tomate e cortamos en rodaxas pola metade.
      3. Cortamos a cebola en (juliana) é o pemento en tiras é a cenoria(vichi).
      4. Dispomos sobre un bandexa a leituga facendo unha cama, colocamos a cebola de maneira irregular e tamén a cenoria.
      5. Por último engadimos o pemento e as aceitunas . Sazoamos con salpementa.
      6. Emulsionamos o aliño e votamos sobre a ensalada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario