martes, 28 de agosto de 2012

TARTA DA AVOA

 
    A crema pasteleira é unha crema moi utilizada en repostería. Os seus compoñentes básicos son leite, ovos, azucre e fariña (de trigo ou millo). Aromatízase as veces con vainilla, canela e limón ou laranxa en esencia ou a súa raladura.
    É a base de moitas cremas tradicionais como: a crema catalana, as natillas ou a custard británica.
    Empregada a miúdo como recheo de pasteis, podémola atopar en: napolitalas, rosca de pascoa, berlinesas, pepitos, bartolillos, clafoutis e tartas.

INGREDINTES:
  • 300 ml de leite
  • 125 ml de tona líquida
  • 65 gr de azucre
  • 6 xemas
  • 350 gr de chocolate de negro 64%
  • 1/2 lt de crema pasteleira
  • 1 paquete de galletas tipo maría
  • 1 dl de sansón ou o porto
ELABORACIÓN:
  1. Poñer a ferver o leite e a tona. Noutro cazo misturar as xemas có azucre.
  2. Misturar lentamente as duas preparacións. Engadir o resto do leite. Cocer a 85ºC e pasar por un coador.
  3. Engadir a cobertura de chocolate picado e remexer.
  4. Facer 1/2 lt de crema pasteleira.
  5. Remollar as galletas en sansón ou o porto.

Montaxe da tarta:
De base as galletas remolladas en licor + crema pasteleira + crema de chocolate

No hay comentarios:

Publicar un comentario