viernes, 3 de agosto de 2012

Piamontino

     O piamontino é un rolo de pasta fresca rechea. É unha elaboración que sorprendera a grandes e pequenos, facendo as delicias destes últimos. É doado de facer, ainda que un pouco laborioso, ideal para un día de visita, xa que a podemos preparar o día antes, e simplemente quentala antes de servila.



    Ingredientes:
  • Unha praca de 60x40 de pasta fresca  (300 gramos de fariña e 3 ovos)
  • 250 gr de espinaca
  • 150 de cebolleta
  • 250g de queixo de untar
  • 200 gr de xamón cocido en lascas
  • 200 gr de queixo de barra
  • sal
Ingredientes para a salsa  veloute:
  • 1/2 litro de caldo de polo  co que faremos como unha bechamel, sustituido o leite por dito caldo e usando  25g de manteiga e 25 de fariña para facer o roux
  • unha cullerada de salsa de tomate fritido
  • sal e pementa
  • queixo relado para gratinar ( opcional )


    Elaboración:
  1. Facemos a pasta fresca e deixamos repousar 30 minutos
  2. Estiramos ben a pasta coa axuda dun rolo o máis fina posible, dandolle forma retangular
  3. Salteamos as espinacas coa cebolleta e un pouco de sal; as trituramos co queixo de untar e facemos unha pasta
  4. Poñemos sobre a praca de pasta, o xamón cocido, o queixo de barra e a pasta de espinacas.
  5. Enrolamos a pasta, hata facer un rulo, semellante a un brazo  de xitano, con axuda de papel film.
  6. Metemos o rolo no conxelador dun día para outor para tallalo mellor.
  7. Preparamos a veloute ( é unha bechamel onde se usa o caldo de polo en lugar do leite)
  8. Sacamos o piamontino do conxelador, o cortamos en rodaxas. e as dispomos nunha bandexa de forno.
  9. Napamos coa salsa veloute ( cubrimos coa salsa) e o espolvoreamos con queixo ralado.
  10. Metemos no forno a quentar, e a gratinar o queixo.

1 comentario:

  1. fantàstica a receta!!!e ademais en galego!!!moi ben explicada,fareina en breve!!!grazas!!!

    ResponderEliminar