miércoles, 29 de agosto de 2012

ENSALADA DE PEMENTOS VERMELLOS

 
O pemento é orixinario da zoa de Bolivia e Perú. Foi traido ó Vello Mundo por Colón na súa primeira viaxe. No século XVI xa difundira o seu cultivo en España, dendo onde distribuiuse ó resto de Europa e do mundo coa colaboración dos portugueses.
Esta ensalada vai ben para tomala soa, como acompañamento a carnes ou pescados, ou para facer un revolto de pementos, e tamén podemos engadirlle ventresca, atún, patacas asadas, etc. ¡ten moitas posibilidades!. Está moi boa fría , quente ou temperada.
Ingredintes para 4 persoas : entrante.
  • 3 pementos vermellos.
  • sal.
  • aceite de oliva.
  • 1/2 cebola.
  • Vinagre de xerez.
Elaboración:
  1. Lavalos pementos, secalos, untalos cun velisco de aceite de oliva e remexer ben. Botar un chisco de sal e untar ben. Por nunha bandexa no forno e asar 15 minutos a 160ºC.
  2. Unha vez asados tapar con film e deixar que suden ben para quitarlle a pel.
  3. Retirarlle a pel e sementes, e facer tiras. Cortar a cebola en xuliana, mesturar ben cos pementos, aliñear e listo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario