miércoles, 29 de agosto de 2012

ENSALADA DE TOMATE E SARDIÑAS


O tomate orixinouse moi probablemente nas terras altas da costa occidental de sudamérica.os españois levaron o tomate a europa no 1540 , o cal creceu con facilidade nos climas mediterráneos. Xa , en 1608, aparecen documentos en forma de listas da compra para o "hospital da sangue en sevilla" indican a presencia de tomates e pepinos para a elaboración de ensaladas.
A sardiña  consómese tanto en fresco como en conserva, con numerosas formas de preparación na cociña. É un peixe azul por excelencia, con niveis de graxa en torno ó 6,3% ou máis no seu mellor momento, proporcionando unhas 134 calorías por 100 g. Pola súa riqueza en ácido omega-3, considérase un "protector" do corazón, en contra da crenza hoxe superada de que, por ser peixe graxo, incrementaba o colesterol. Tamén resulta especialmente rico en vitamina B12.
As xoubas ou as sardiñas en conserva, polo feito de comerse enteiras, coa espiña, constitúen unha interesante fonte de calcio e fósforo
Nesta ensalada usamos coma ingredientes principais estos dous ingredintes.

Ingredintes para catro persoas: entrante
  • 2 tomates maduros
  • Unha lata de sardiñas
  • Aceite de oliva
  • Un belisco de pementón doce
  • Sal

Elaboración:
  1. Lavar e cortar os tomates en rodaxas. poñer un belisco de sal ; E emulsionar nun biberón o aceite oliva temperado co pemenón doce, e colar .Dispor as rodaxas nun prato de forma armonica
  2. Poñer enriba de cada rodaxa de tomate unha sardiña ; sazoar e aliñar co aceite de pementón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario