As legumes son un grupo de alimentos moi importantes dende o punto de vista nutricional. Históricamente constituiron un compoñente destacado na dieta tradicional española e noutros países mediterráneos e tamén do oriente.
Nos fogares españois, ata os anos 60, consumíanse legumes casi a diario e este consumo foi diminuindo paulatinamente ata ser prácticamente nulo debido a razóns socio-culturais. Na actualidade, reivindicadas suas propiedades coma alimentos saudables dentro do concepto de "Dieta Mediterránea" e dada a facilidade de conservación na neveira e de quentemento co microondas, están volvendo a resurxir nas mesas españolas. As legumes de consumo máis tradicional en España son: as lentellas, os garbanzos e as alubias ou xudías (ou dependendo da zona xeográfica tamén denominanse habichuelas, frijoles, fabes, mongetes, bajocas o caparrones) brancas ou pintas. Tamén incluense néste grupo as fabas e os guisantes secos.
No noso caso, imos utilizar garbanzos e alubias cocidas, que posteriormente trituraranse e pasado por un cedazo para presentalas en cuchariñas coma un aperitivo. Tamén podemos presentar as legumes enteiras, a modo de ensalada, constituindo un primer prato moi fresco e equilibrado pra estas épocas de calor. Incluso o podemos usar coma prato único posto que nos aporta todoslos nutrintes.
Ingredientes ( para 4 persoas):
- 1 bote de garbanzos cocidos.
- 1 bote de alubias cocidas
- 1/2 pemento vermello
- 1/2 pimiento verde
- 1/2 cebola
- sal
- 6 cucharadas sopeiras de vinagre de viño
- 3 cucharadas sopeiras de aceite de oliva
- perexil picado
- 1 lata de atún de 200g.
Elaboración
1. Nun escurridor, vaciar os botes de legumes e lavalas. Unha vez que estén ben escurridas, poñense nun bol.
2. Coas hortalizas picadas en brunoise, o sal, o vinagre e o aceite preparamos unha vinagreta. Misturamos ben tódolos ingredientes e deixamos repousar para que collan sabor.
3.Unimos a vinagreta as legumes e con axuda dunha lingua misturamos ben. Se o queremos presentar como ensalada, dispoñemos a mistura nunha fonte e espolvoreamos con perexil picado.
4. Para facer as cuchariñas, trituramos a mistura e pasámola por un cedazo para eliminar os restos de peles.
5. Metémolo na neveira ata o seu servicio