Unha mousse ou espuma é un preparado culinario de orixe francés, da cal a súa base é a clara de ovo, montada a punto de neve, ou a nata montada, os cales danlle unha consistencia esponxosa. As mais coñecidas son a mousse de chocolate e a mousse de froitas, anque tamén gocen de moita fama as mousses salgadas como as mousses de hortalizas ou de peixe.
No noso caso fixemos mousse de chocolate, e usamo como base a nata montada. Ben fresquiña en un postre que faría as delicias dos amantes do chocolate.
Ademáis de tratarse dunha receita saborosa, é tamén de elaboración sinxela.
MOUSSE DE CHOCOLATE.
Ingredientes:
- 200 gramos de chocolate negro (cobertura de chocolate)
- 100 ml. de leite
- 200 gramos de nata montada
- 1 rama de canela.
1. Quentar 100 ml. de leite e unha vez quente infusionar * a canela en rama en 5 minutos fora do lume. Engadir a cobertura de chocolate en anacos, e remover ata desfacer. Pasar polo coador e deixar enfriar.
2.Montar os 200 gr. de nata, e misturar coa preparacion anterior.
3. Colocar sobre as copas é o refrixerador en recipientes individuais. Pódese decorar cunha ramiña de menta, cunhas raspas de chocolate branco, con boliñas de colores, fideos ou co que mais vos guste.
*infusionar: consiste en sumerxir a rama da canela (ou outro condimento) no líquido que se levou a ebullición, fora do lume, tapado durante cinco minutos para que solte os aromas e os sabores.
¡Qué rica quedó! Y eso que la mousse de chocolate siempre me resulta un poco pesada, pero no quedó nada de nada en la copa!!
ResponderEliminarestaba rica pero despues de comer a mi me resulto pesada dos horitas despues de comer la hubiese tomado ni dejaria ni la copa
ResponderEliminar