Ingredientes:
- Unha praca de 60x40 de pasta fresca (300 gramos de fariña e 3 ovos)
- 250 gr de espinaca
- 150 de cebolleta
- 250g de queixo de untar
- 200 gr de xamón cocido en lascas
- 200 gr de queixo de barra
- sal
- 1/2 litro de caldo de polo co que faremos como unha bechamel, sustituido o leite por dito caldo e usando 25g de manteiga e 25 de fariña para facer o roux
- unha cullerada de salsa de tomate fritido
- sal e pementa
- queixo relado para gratinar ( opcional )
Elaboración:
- Facemos a pasta fresca e deixamos repousar 30 minutos
- Estiramos ben a pasta coa axuda dun rolo o máis fina posible, dandolle forma retangular
- Salteamos as espinacas coa cebolleta e un pouco de sal; as trituramos co queixo de untar e facemos unha pasta
- Poñemos sobre a praca de pasta, o xamón cocido, o queixo de barra e a pasta de espinacas.
- Enrolamos a pasta, hata facer un rulo, semellante a un brazo de xitano, con axuda de papel film.
- Metemos o rolo no conxelador dun día para outor para tallalo mellor.
- Preparamos a veloute ( é unha bechamel onde se usa o caldo de polo en lugar do leite)
- Sacamos o piamontino do conxelador, o cortamos en rodaxas. e as dispomos nunha bandexa de forno.
- Napamos coa salsa veloute ( cubrimos coa salsa) e o espolvoreamos con queixo ralado.
- Metemos no forno a quentar, e a gratinar o queixo.
fantàstica a receta!!!e ademais en galego!!!moi ben explicada,fareina en breve!!!grazas!!!
ResponderEliminar