jueves, 28 de junio de 2012

TOMATES RECHEOS QUENTES

 O tomate é unha hortaliza de riquísimas propiedades culinarias e moi bo para a saude. E rico en vitaminas C e A. Investigacións recentes mostran a súa capacidade de prevención de enfermidades como o cancro grazas a que posee unha sustancia casi exclusiva como o licopeno. Entre as súas propiedades hai que destacar que é un excelente antioxidante, defensor das paredes celulares dos texidos e da pel, depurador de productos tóxicos (recomendable en detas de adelgazamento).
 
 Este prato e adecuado como primeiro prato e ademais e unha receita de reciclaxe e aproveitamento para sacarlle partido a esas sobras que quedan na casa e non sabemos moi ben que facer.



TOMATES RECHEOS QUENTES
Ingredientes para 4 persoas:
  • 4 tomates
  • pan rallado
  • recheo de carnes ( mistura de carne de lasaña con polo cocido)
  • acelga
  • calabacín
  • champiñóns
  • sal
Elaboración
  1. Prequentar o forno a 160ºC.
  2. Preparamos unha veloute ( é  unha bechamel onde sustituimos o leite por caldo vexetal) e ligámola coas carnes e as verduras salteadas e cortadas en chiffonada e brunoise.
  3. Recheamos os tomates e espolvoreamos con pan rallado
  4. Meter no forno a 160ºC durante 10 minutos.
    E xa temos o prato listo para servir. Bo proveito!!







1 comentario:

  1. que boa pinta!!! da gusto leer blogs de cociña en galego.

    un saudo.
    Iria

    Deixote un enlace o meu blog por se lle queres botar unha ollada
    http://thefrustratedcook.wordpress.com

    ResponderEliminar