A crema pasteleira é unha crema moi utilizada en repostería. Os seus compoñentes básicos son leite, ovos, azucre e fariña (de trigo ou millo). Aromatízase as veces con vainilla, canela e limón ou laranxa en esencia ou a súa raladura.
É a base de moitas cremas tradicionais como: a crema catalana, as natillas ou a custard británica.
Empregada a miúdo como recheo de pasteis, podémola atopar en: napolitalas, rosca de pascoa, berlinesas, pepitos, bartolillos, clafoutis e tartas.
INGREDINTES:
- 300 ml de leite
- 125 ml de tona líquida
- 65 gr de azucre
- 6 xemas
- 350 gr de chocolate de negro 64%
- 1/2 lt de crema pasteleira
- 1 paquete de galletas tipo maría
- 1 dl de sansón ou o porto
- Poñer a ferver o leite e a tona. Noutro cazo misturar as xemas có azucre.
- Misturar lentamente as duas preparacións. Engadir o resto do leite. Cocer a 85ºC e pasar por un coador.
- Engadir a cobertura de chocolate picado e remexer.
- Facer 1/2 lt de crema pasteleira.
- Remollar as galletas en sansón ou o porto.
Montaxe da tarta:
De base as galletas remolladas en licor + crema pasteleira + crema de chocolate
No hay comentarios:
Publicar un comentario