jueves, 28 de junio de 2012

Comezamos coas receitas: Blinis de polo


     Un blini é unha tortiña fina (especie de crêpe) moi común na cociña eslava a base de fariña , ovos , leite  e levadura que pode comerse cocida no forno ou frita, con ou sen recheo algún.
     É unha opción interesante para un aperitivo. neste caso os temos elaborado  con xamón de polo (unha codia de limón e de laranxa).

Imos coa  receita.
P8240957

BLINIS, MASA BASE.

Ingredientes:
  • 190 gr de leite,
  • 1 ovo,
  • 35 gr de manteiga,
  • 125 gr de fariña,
  • 40 gr de zucre,
  • 3 c/c de levadura química Royal
Elaboración
  1. Misturamos todo-los ingredientes nun bol.
  2. Deixamos repousar 15 minutos.
  3. Nunha prancha ben quente, facemos pequenas toritas ca masa. Douramos por ámbolos lados.

P8240959
MAIONESA DE CURRI

Ingredientes:
  • unha xema de ovo,
  • ¼ de litro de aceite de xirasol,
  • pizca de sal,
  • zume de medio limón,
  • 2 c/c de Curri en pasta . (Se omitimos este ingrediente, temos a receita da maionesa caseira tradicional)
Elaboración:
  1. Nun bol, pomos a xema de ovo, e imos engadindo o aceite en fio fino,
  2. Batemos cunhas variñas de forma continua a xema co aceite ata que emulsione ben
  3. Unha vez ligada a maionesa,  engadimoslle o resto dos ingredientes e misturamos ben.
P8240961
   INGREDIENTES PARA OS BLINIS DE POLO
  • 1/2 suprema de polo marinado
  • 6 follas de leituga folla de carballo.
  • 1/4 de litro de maionesa de curri
  • 2 ovos
  • unha pizca de perexil picado
  • 2 cogombros
  • blinis
 ELABORACIÓN DOS BLINIS:
  1. Elaboramos os blinis
  2. Lavamos as folla da leituga, secamos e cortamos en chiffonada fina. Aparte facemos unha maionesa e  misturámola ben coa leituga.
  3. Cocemos os ovos (se son talla “M” 11 minutos; talla “L” 12 minutos) a partir de que o auga rompa a ferver.
  4. Refrescamos os ovos e picamos ben picado igual cos cogombros, angadimos o perexel picado. Misturamos coa mistura anterior.
     
    MONTAXE DOS BLINIS

Base dos blinis  + mezcla de leituga con Curry + xamón de polo + mezcla de leituga.
  
E tras este proceso estarán listos para servir. Bo proveito!!!!

2 comentarios:

  1. Ricos no sé si estarán pero tienen una pinta!!!
    A ver Sandra cuando te dignas a hacerme algo así, ya sabes mañana mi cumple....Enhorabuena por el blog

    ResponderEliminar