miércoles, 11 de julio de 2012
Guiso de costela de porco
Neste receita utlizamos unhas patacas en forma de bola chamadas PATACAS ABELÁS. Este tipo de patacas fácemolas coa culler de facelas bolas de melón, (tamén chamada culleriña francesa ), tamén denomínanse patacas noissettes.
INGREDIENTES PARA 4 PERSOAS:
1 tira de costela de 1 kg
8 patacas
1/2 pemento vermello
1/2 cebola
2 dentes de allo
Perexel
Auga
1 Sobre de azafrán moido
Salpementa
2 cenorias
100 gr. de chicharos
coñac
maicena
ELABORACIÓN:
1. Cortamos a tira de costela en anacos pequenos e adobamos co allo e perexel picado. Sazoamos con sal pementa.
2. Nunha media marmita cubrimos o fondo con aceite de oliva ( pouco ) refogar a carne; cando teña un pouco de cor botamos un chorriño de coñac para ablandar a costela e aromatizala.
3. A parte cortamolas hortalizas cebola, cenoria, pemento vermello en paisana, que os engadimos a carne xunto cos chicharos.
4. Pelamos as patacas e cun sacabocados ou culleiriña francesa obtemos bolas de patacas que son patacas noissettes. Botamos o guiso e remexemos.
5. Cubrimos con auga e botamos o sobre de azafrán.
6. Por último sazonamos con sal e deixamos cocer por espacio de 30 minutos.
7. Pódese espesar cun pouco de maicena diluída en auga.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario