Os chocos son un moluscos cefalópodos similares os calamares.Son coñecidos por elaborarse na sua tinta, xa que estes animais a teñen en abundancia e a empregan para escapar dos seus atacantes: a técnica consiste en botarlles un chorro de tinta de xeito que os cegan, e aproveitando que non os poden ver fuxir a esconderse.
En Galicia, os chocos abundan moito en Redondela ( Pontevedra) municipio preto de Vigo, onde estes moluscos crian en abundancia e onde hai una festa en honor a eles, as Festas do Choco que soen celebrarse en maio, e onde se poden degustar pratos varios de choco.
O prato de hoxe é unha das elaboración tìpicas onde se emprega a tinta do choco para resaltar o sabor do choco e de todo o conxunto.
Ingredintes:
- 1 choco grande
- 3 dentes de allo
- 1/2 pemento vermello
- 1/2 pemento verde
- 1 cebola
- 1 litro de fument
- 1 tomate
- 500 gramos de arroz bomba
- 4 bolsiñas de tinta de calamar
- Limpar os chocos, cortar as hortalizas en xardiñeira ( os pementos, cebola) o allo en brunoise e picar o perexel.
- Poñer o fumet ó lume e quentar. Collemos a paelleira e cubrimos o fondo con aceite de oliva, sogreimos as verduras e engadimos o choco e o arroz
- Refogamos ben, engadimos o fondo na seguinte proporción : por cada medida de arroz, duas de fondo; incorporamos as bolsiñas de tinta.
- Deixamos 15 minutos a lime vivo e logo botamos o sal. Meter no forno uns 15 minutos e decorar con limón e perexel espolvoreado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario