En galicia é moi tipico o lacón con grelos, pero nesta ocasión cambiamos os grelos polo chucrut que dalle un toque diferente , ainda que non rompe coa tradicion do prato en si.
Ingredintes:
- 1 kl de lacon
- 750 gr de berzas
- un repolo
- 200 gr de panceta
- un vaso de viño branco de ribeiro
- uns grans de pementa negra
- uns grans de enebro
- unha cebola
- unha cenoria
Elaboracion:
- Cocer o lacon sen sal, durante 2 ou 3 horas, dependendo do seu tamaño. Desmenuzar en anacos e reservar.
- Para o chucrut cortar en xuliana o repolo, as berzas e a cenoria.
- Por o repolo e as berzas 2 horas nun recipinte con sal, pasado este tempo lavalo e escurrilo.
- Botar en anacos a panceta, a cenoria en xuliana, a cebola enteira claveteada nunha pota, as bagas de enebro, os grans de pementa negra.
- Cando este refogado botar un bo xorro de viño branco.Tapar co papel sulfurizado, e meter no forno a 150 º C uns 10 minutos.
- Por o lacon en anacos e aparte o chucrut.Podese acompañar con cachelos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario