Así que visto que a cousa non era tan complicada como parecia, querovos animar a todos a intentalo, xa que é un prato que merece moito a pena. Se pode servir perfectamente como segundo prato.
Por suposto non cabe dicir que a calidade do bacallao e do aceite é imprescindible, xa que son os dous ingredintes principais do prato,e casi únicos. Para facer bacallao o pil pil necesitamos moi poucas cousas: Bacallao, aceite, allos e guindilla si se quere. Elexiremos preferentemente partes con poucas espiñas, si indicamos o pescadeiro que é para pil pil darános a mellor parte. De todos modos se ten algunha sempre podemos sacarlla sen dificultade.
E para mais informacion o pil-pil é o nome da salsa que se produce o cuaxar os xugos do bacallao e o aceite cando se cociña . Chamase pil-pil porque a elaboración faiese pouco a pouco.
Ingredintes:
- 1 nabo branco
- 1 boniato
- 1 remolacha
- 1 kl de lombo de bacallao
- perexel picado
- 3 dentes de allo
- 1/2 guindilla
- 1/4 de lt de aceite de oliva
- Cortar as porcions de bacallao e desescamalo. Cortar as dentes de allo en lascas.
- Nunha pota de barro o allo co aceite e a guindilla e por o lume suave.
- Poñer os anacos de bacallao coa pel para abaixo tocando o aceite deixar templar un pouco ata que absorba a sua xelatina.
- Retirar,fora do lume facer vaivens ata ligar a salsa ,se non liga empregar un colador.
- Para o damero:Cortar as hortalizas en cuadrados iguais. Con axuda dunha tixola saltear ata darlle algo de cor e coccion.Colocar as pezas intercaladas sobre un prato e dispor o bacallao enriba.
- Napar coa salsa pil-pil e espolvorear de perexel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario