Ingredintes:
Para o mollete:
- 400g de fariña frouxa
- 200 g de auga
- 50 g de aceite de oliva
- 20 gramos de levadura prensada
- 5 gr de sal
- 3 unidades de peras conferencia
- 40 g de manteiga
- 30 g de azucre
- 1 dl de viño branco
- 5 sardiñas
- sal
- queixo ralado
- Facer un volcán coa metade da fariña, mesturar co sal, auga e aceite e amasar uns 3 minutos. Despois incorporar o resto da fariña e a levadura e volver a amasar ata que quede unha masa lisa e elástica.
- Deixar fermentar o dobre do seu volume. Estirar cun rodillo ata un grosor de 1 cm e cortar da forma dexesada e colocar unha placa de forno deixando espacio entre as pezas. Deixar de novo que dobre o seu volume.
- Fornear a 200ºC cun pouco de humidade ( se o noso forno non ten humidade,podemos poñer un recipinte con auga dentro do forno, que o quentar producirá vapor, dandolle humidade a peza) uns 15 minuros e reservar.
- Pelar as peras, saltealas nunha tixola co azucre e a manteiga e cando este un pouco branda botarlle o viño branco e deixar cocer uns minutos, retirar triuturar e colar.
- Limpar as sardiñas, sacarlle os lomos, cubrilos con sal durante 10 minutos. Retirarlle a sal con abundante auga fría.
- Facer unha incision hundindo o mollete no centro, nese hoco poñer a compota de pera e un anaco de lomo de sardiña, espolvorear cun pouco de queixo ralado San Simón ou parmesano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario