Ingredintes:
- 1 polo enteiro
- sal e pementa
- 700 gr de carne picada mixta
- perexel
- ourego
- alfabrega fresca
- aceite de oliva
- pan ralado
- pan ralado
- 2 rebanadas de pan
- 1 ovo enteiro
- 1/2 vaso de viño branco
- 1/2 piña cortada en paisana
- 1 c/g de azucre
- 15 gr d epiñons ou pistachos
- 1 bandexa de cogumelos
- Tostar os piñons nunha tixola
- Poñer en adobo a carne mista coas herbas , a piña cortada en paisana, os cogumelos en brounoise , as rebanadas de pan cortadas en dados pequenos, o ovo, o viño, os piñons tostados, pan ralado, aceite de oliva. Deixar que asente o adobo.
- Quitarlle a carcasa de dentro o polo co coitelo. Rechear o polo intentando romper o menos posible a pel, Coa carcasa faise unha velute de polo ( para o roux empregamos 50g de fariña e 50 g de manteiga) Para o caldo hai que quentar moi ben unha pota co fondo cuberto de aceite, resolar ben a carcasa, e logo engadirlle hortalizas en mirepoix ( cenoira, apio, porro, cebola e allo) . Deixar cocer por espacio de 35 minutos.
- Nunha pota , derretir a manteiga para o roux, e botar a fariña, remexer ben e engadirlle o caldo para que espese ( xa temos a veloute)
- Atar o polo con bramente e coser intentando desfacer o menos posible a sua pel e forma.
- Asar a 175ºC dunrante 1 hora e 15 minutos. A hora de servir, quitarlle o bramente suavemente e cortar en rodaxas enteiras. Napar coa velute.
- Admite acompañamentos varios coma por exemplo unhas patacas panadeiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario