Este bizcoito é moi bo pro almorzo ou merenda, é moi esponxoso e dixestivo.É unha elaboracion doada e rapida, polo que podese realizar como un xogo cos nenos.O que é importante é que a fariña de millo sexa boa e se queremos podemos suprimir o toque de anis que nos dimoslle.
Ingredintes:
- 1 ovo
- 3 culleres grndes de levadura roial
- 1 taza de tona
- 1 taza de azucre
- 1 chupito de anis
- raladura dun limon
- 1 taxa de fariña de millo amarelo
- Mesturar a xema coa tona, o anis, o azucre, a raladura de limon e o roial.
- Mesturar ben a fariña sempre con movementos envolventes.
- Montar as claras o punto de neve, cun chisco de sal e engadir o anterior con movementos envolventes.
- Verquer no molde e fornear durante 35 minutos a 180 ºC.
No hay comentarios:
Publicar un comentario