viernes, 19 de octubre de 2012

BISCOITO DE MILLO


Este bizcoito é moi bo pro almorzo ou merenda, é moi esponxoso e dixestivo.É unha elaboracion doada e rapida, polo que podese realizar como un xogo cos nenos.O que é importante é que a fariña de millo sexa boa e se queremos podemos suprimir o toque de anis que nos dimoslle.


Ingredintes:

  • 1 ovo
  • 3 culleres grndes de levadura roial 
  • 1 taza de tona
  • 1 taza de azucre
  • 1 chupito de anis
  • raladura dun limon
  • 1 taxa de fariña de millo amarelo
Elaboracion:

  1. Mesturar a xema coa tona, o anis, o azucre, a raladura de limon e o roial.
  2. Mesturar ben a fariña sempre con movementos envolventes.
  3. Montar as claras o punto de neve, cun chisco de sal e engadir o anterior con  movementos envolventes.
  4. Verquer no molde e fornear durante 35 minutos a 180 ºC.

No hay comentarios:

Publicar un comentario