miércoles, 17 de octubre de 2012

MOLLETE DE PERA CON SARDIÑAS E QUEIXO

    Trátase dun aperitivo diferente, xa que nel combinamos o sabor doce das peras, que contrasta coas sardiñas. Este aperitivo resulta moi saudable porque ademáis de conter cereais ( pan) e froita, as sardiñas como peixe azul que son, nos aportan ácidos grasos moi saudables para o organismo.

    Ingredintes:
Para o mollete:
  • 400g de fariña frouxa
  • 200 g de auga
  • 50 g de aceite de oliva
  • 20 gramos de levadura prensada
  • 5 gr de sal
Para a compota de pera:
  • 3 unidades de peras conferencia
  • 40 g de manteiga
  • 30 g de azucre
  • 1 dl de viño branco
Resto de ingredintes:
  • 5 sardiñas
  • sal
  • queixo ralado
   Elaboración:
  1. Facer un volcán coa metade da fariña, mesturar co sal, auga e aceite e amasar uns 3 minutos. Despois incorporar o resto da  fariña e a levadura e volver a amasar ata que quede unha masa lisa e elástica.
  2. Deixar fermentar o dobre do seu volume. Estirar cun rodillo ata un grosor de 1 cm e cortar da forma dexesada e colocar unha placa de forno deixando espacio entre as pezas. Deixar de novo que dobre o seu volume.
  3. Fornear a 200ºC cun pouco de humidade  ( se o noso forno non ten humidade,podemos poñer un recipinte con auga dentro do forno, que o quentar producirá vapor, dandolle humidade a peza) uns 15 minuros e reservar.
  4. Pelar as peras, saltealas nunha tixola co azucre  e a manteiga e cando este un pouco branda botarlle o viño branco e deixar cocer uns minutos, retirar triuturar e colar.
  5. Limpar as sardiñas, sacarlle os lomos, cubrilos con sal durante 10 minutos. Retirarlle a sal con abundante auga fría.
  6. Facer unha incision  hundindo o mollete no centro, nese hoco poñer a compota de pera e un anaco de lomo de sardiña, espolvorear cun pouco de queixo ralado San Simón ou parmesano. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario