miércoles, 17 de octubre de 2012

Pan de molde

   Este pan de molde resulta delicioso para elaborar uns bocadillos, asi como de base para diversos aperitivos, para facer unhas tostadas paro o almorzo, ou para acompañar a comida.
   
  Ingredintes:
  • 1 kg de fariña de forza
  • 20 gr de sal
  • 30 gr de azucre
  • 50 gr de leite en po 26% de materia graxa
  • 60 gr de levadura prensada
  • 10 gramos de acido ascórbico
  • 650 ml de auga ( aproximado xa que non toda a fariña ten a mesma capacidade de abosorción de auga)
Elaboración: 

  1. Amasar todos os ingredentes xuntos, procurando que a levadura non entre en contacto directo coa sal, xa que quedaría anulada. Para que sexa mais doados podemos misturar a sal coa fariña, e despois nun volcan feito na fariña engadir todos os demais ingredintes.
  2. Deixamos fermentar ata que dobre o seu volume
  3. Volvemos a amasar e colocamos o  pan nun molde.
  4.  Deixar fermentar 30 minutos mais e cocer a 200ºC uns 45 minutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario