miércoles, 17 de octubre de 2012

TOMATES RECHEOS CON VINAGRETA DE FROITOS SECOS

   Un enntrante moi saudable, xa que o tomate é unha hortaliza cunhas caracteristicas alimenticias moi boas, e  como ademais leva froitos secos, resulta cardiosaudable debido o su aporte en ácidos grasos omega.

Ingredintes:
  • 8 tomates
  • 100 gramos de xamón serrano
  • 100 gramos de cogumenlos
  • 1/2 cabaciña
  • 1 cenoria
  • 1 pemento verde pequeno
  • 300 gr de queixo
  • vinagre de Módena
  • aceite de oliva
  • sal e pementa
  • mestura de froitos secos.
Elaboración:
  1. Escaldar  os tomates, refrescalos e pelalos. Cortar pola parte do péndulo un sobreiro, vaciar o tomate con conidado e reservar a polpa.
  2. Nunha tixola, saltear cun chisco de salpementa as hortalizas ( cabaciña, cenoria, pemento verde, cogumelos) todo cortado en brunoise.Mesturar coa polpa do tomate.
  3. Nun bol, mesturar as hortalizas co xamón, o queixo e aliñar coa vinagreta de froitos secos (froitos secos picados, con sal, pementa en vinagre de Módena que deixamos repousar media hora como mínimo) e rechear. Meter no forno a 200ºC uns 15 minutos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario