viernes, 19 de octubre de 2012

MEXILLONS VILLAROI

Villaroi, na cociña fai referencia a unha bechamel que acompaña a un alimento , empanado e frito. Os pratos máis coñecidos con villaroi son as peitugas de polo, as chuletitas de cordeiro ou os medallons de solombo de porco. Todos eles exquisitos dentro da sua sencillez.Nesta ocasion nós  preparamolos  mexillons rebozados, ca cuncha.


Ingredintes:


  • 1/2 lt de salsa bechamel (70 gr de fariña e 70 gr de manteiga).
  • 2 xemas
  • unha culler de cafe de curri
  • salpementa
  • 1 kl de mexillons
  • 1 dl de viño
  • unha folla de loureiro
  • sal
  • pan relado
  • 1 ovo batido

Elaboracion:


  1. Facemos a salsa bechamel, cando este rematada engadimos as duas xemas  e remexemos.
  2. Nunha pota botamos un pouco de aceite de oliva e engadimos os mexillons limpos, remexemos, e engadimos o  viñlo branco, sal , loureiro.Unha vez abertos retirarlle a cuncha baleira, na outra napar coa bechamel, pasar por fariña, ovo e pan relado.
  3. Fritir en abundante aceite e por a escorrer nunha bandexa con papel de cociña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario