miércoles, 17 de octubre de 2012

PASTEL DE COCO E PIÑA

     Un pastel delicioso, con toques  de verán debido a combinación da piña co coco que sempre recordan o bo tempo e nos trasmiten aires caribeños. Resulta ideal coma postre ou coma unha rica merenda disfrutando este delicioso pastel con un te ou cun café.

Ingredintes:
  Para a crema de piña:
  • 1/2 l de zume de piña
  • 50 g de maicena
  • 50 g de azucre
  • 3 xemas de ovo
  • 1 ovo enteiro
Para o pastel:
  • 100 g de fariña
  • 125g de azucre
  • 6 ovos
  • 100 g de coco ralado
  • 1 cullerada grande de azucre moreno.
Elaboración: 
  1. Facer o zume de piña e quentar.Cando este quente mesturar co azucre , as xemas de ovo ( con coidado de non cuaxalas) e por último mesturar coa maicena.Remexemos ben, ata obter unha crema pero que non se agarre.
  2. Batimos as xemas co azucre ata obrer unha crema blanquecina,a parte, batir as claras a punto d e neve e incorporar a preparación de xemas e axucre, despacio, sen que baixen.
  3. Mesturase o coco coa fariña e se engade suavemente, con movementos envolventes a mistura de xemas e clara de ovo.
  4. Forramos un molde con papel de forno, e pintamos con manteiga , vertemos a preparación de biscoito e forneamos a 180ºC un 35 minutos. Mollamos con almibar de ton vello, e engadimos por riba a crema de piña.
  5. Podemos gratinar se queremos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario