viernes, 19 de octubre de 2012

TRUFAS DE CHOCOLATE LIMA E MEL



Receitas de Trufas de chocolate hai moitas, e moi doadas de facer. O difícil é decidir qué receita elaborar e resistirse a acabar con todas unha vez están feitas, porque cada vez que probas unhas trufas de chocolate parecenche deliciosas. Nos probamos moitas e unha das que repetimos habitualmente son as que hoxe vos imos  mostrar.



Ingredintes para as trufas:

  • 95 gr de manteiga
  • 440 gr de chocolate negro de 70%
  • 325 ml de tona pra montar
  • raladura dunha lima
  • 50 gr de zume de lima
  • 50 gr de mel de acacia

Ingredintes pra cobertura:

  • raladura de media lima
  • 120 gr de azucre
  • 120 gr de cacao
Elaboracion:

  1. Facer a cobertura un dia antes , mesturando todolos ingredintes destes coas mans. 
  2. Deixar secar a temperatura ambinte.
  3. Por a tona o lume, ralar a corteza da lima, e deixar infusionar uns 10 minutos fora do lume.
  4. Vover a por o lume e cando este a punto de ferver retiralo.
  5. Noutro recipinte verter o mel co zume da lima, debese quentar sen ferver.
  6. Na mitade da infusion da tona mesturar o chocolate picado, agregar progesivamente o chocolate xunto coa infusion da tona.
  7. Mesturar a preparacion do mel co zume.
  8. Debe quedar unha gabache lisa e brillante, engadimos os tropezons da manteiga remexendo lentamente.
  9. Deixar arrefriar a que espese uns 30 minutos.
  10. Meter dentro dunha manga pasteleira , cunha boquilla lisa, e ir poñendo pequenas bolas sobre un papel sulfurizado, cunha bandexa por baixo.
  11. Deixar arrefriar 2 horas. 
  12. Pasar pola mestura da cobertura e sacalas cunha escumadeira polo esceso de cacao.

No hay comentarios:

Publicar un comentario