miércoles, 17 de octubre de 2012

POLO RECHEO DE PIÑA E MIX DE COGUMELOS.

   Este prato de polo con cogumelos resulta  moi apropiado para a epoca outonal, na que empezamos a atopar  diversas variedades de fungos nos nosos montes, xa que é un xeito de degustalos e darlle novos sabores a alimentos tan empregados na nosa cociña como é o caso do polo.

Ingredintes:
  • 1 polo enteiro
  • sal e pementa
  • 700 gr de carne picada mixta 
  • perexel
  • ourego
  • alfabrega fresca
  • aceite de oliva
  • pan ralado
  • pan ralado
  • 2 rebanadas de pan
  • 1 ovo enteiro
  • 1/2 vaso de viño branco
  • 1/2 piña cortada en paisana
  • 1 c/g de azucre
  • 15 gr d epiñons ou pistachos
  • 1 bandexa de cogumelos
Elaboración:
  1.  Tostar os piñons nunha tixola
  2. Poñer en adobo a carne mista coas herbas  , a piña cortada en paisana, os cogumelos en brounoise , as rebanadas de pan cortadas en dados pequenos, o ovo, o viño, os piñons tostados, pan ralado, aceite de oliva. Deixar que asente o adobo.
  3. Quitarlle a carcasa de dentro o polo co coitelo. Rechear o polo intentando romper o menos posible a pel, Coa carcasa faise unha velute de polo ( para o roux empregamos  50g de fariña e 50 g de manteiga) Para o caldo hai que quentar moi ben unha pota co fondo cuberto de aceite, resolar ben a carcasa, e logo engadirlle  hortalizas en mirepoix ( cenoira, apio, porro, cebola e allo) . Deixar cocer por espacio de 35 minutos.
  4. Nunha pota , derretir a manteiga para o roux, e botar a fariña, remexer ben e engadirlle o caldo para que espese ( xa temos a veloute)
  5. Atar o polo con bramente e coser intentando desfacer o menos posible a sua pel e forma.
  6. Asar a 175ºC dunrante 1 hora e 15 minutos. A hora de servir, quitarlle o bramente suavemente e cortar en rodaxas enteiras. Napar coa velute.
  7. Admite acompañamentos varios coma por exemplo  unhas patacas panadeiras.
  8.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario