O brazo de xitano é un biscoito delgado e plano, recheo normalmente de mermelada ( morango, amorodo,etc),ou ben de cremas ( crema pasteleira, mocca, nata) chocolate, etc e que logo é enrolado sobre si mesmo e pode estar decorado de azúcar glass ou recuberto con diversas coberturas como chocolate, crema catalana queimada, merengue, nata etc. É un dos postres máis coñecidos en España e incluso a nivel mundial.
Ingredientes para 4 persoas:
Biscoito:
- 150 gr. de fariña tamizada,
- 150 gr. de azucre e
- 4 ovos.
Crema pasteleira:
- 1 lt. de leite,
- codea dunha lima rallada
- 100 gr. de fariña tamizada,
- 6 ovos e
- 200gr. de azucre.
- 1/2 litro de auga
- 200 gramos de azucre
- 1vaina de vainilla.
Elaboración:
Para o biscoito:
- Prequentamos o forno a 150ºC .
- Batimos os ovos co azucre ata que a mistura branquexe e que colla relieve( significa que as varillas queden marcadas na mistura cando batimos, teremos unha textura similar á das claras batidas, pero en este caso feita co ovo enteiro).
- Incorporamos a fariña despacio con movementos envolventes cunha lingua.
- Poñemos a mistura sobre unha bandexa de forno forrada con papel de forno, e o cocemos a 150ºC durante 7 minutos, ou ata que o pinchar cunha agulla esta saia limpa.
Para a crema pasteleira de lima-
- Poñer o leite a ferver.
- Por outra banda misturamos o azucre cos ovos e a fariña remexendo ben para que non queden grumos.
- Engadir o leite e poñer de novo ó lume sen deixar de remexer ata que tome consistencia.Unha vez fora do lume engadimos a corteza da lima.
- Retiramos do lume,vertemos nun recipiente e tapamos con film, tendo en conta que o film debe estar en contacto directo coa crema para evitar que esta colla unha costra.Picamos un pouco o film para que non condense o vapor, e deixamos atemperar a crema.
Para face-lo almibar, poñemos nun cazo ó lume a auga e o azucre, remexemos ven ata que o azucre se desfaga ben na auga e este a mistura quente.Retiramos a auga do lume, e engadimos a vaina de vainilla,deixandoa infusionar 5 minutos.
Montaxe do brazo de xitano .
- Coller un pano de cociña que este limpo, mollalo un pouco e espolvorealo con azucre.
- . Poñer sobre el o biscoito, emborrachalo co almibar coa axuda dunha brocha de cocipña e cubrir coa crema pasteleira.
- Envolver en forma de rulo e decorar ó gusto e está listo para comelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario