viernes, 13 de julio de 2012

Parrillada de hortalizas con queixo de cabra


         Hoxe traemos un prato sinxelo e sabroso, e que fará as delicias tanto dos amantes os vexetais, como de aqueles que sen adoralas, gustalle disfrutar destes alimentos. É un pato que pomos por como primeiro ou servir no caso dunha cea lixeira, e que pode sacarnos dun apuro en caso de visita, se temos a man algun vexetal.


PARRILLADA DE HORTALIZAS CON QUEIXO DE CABRA
Ingredientes para 4 persoas:
  • 1 cabaciña 
  • 1 berenxena 
  • 1 tomate
  •  1 seta
  •  2 cogumelo 
  • 1 pemento vermello
  •  1 mazá Grand Simth
  •  1 pataca nova 
  • 1 ananás
  • 1 rolo de  queixo de cabra
  •  1 anaco de cabaza 
  • 1 ceboleta
  •  salpementa aceite de oliva
 Elaboración
  1. Cortar todas as hortalizas en (mirepoix). 
  2. Salpimentamos e doramos na plancha con un pouco de aceite.
  3.  Colocamos nun prato de forma armonica e por último doramos o queixo de cabra.
  4. Engadimos o queixo os pratos, e listo para servir

1 comentario: