viernes, 13 de julio de 2012

Xeado de mazá asada.


     Como seguimos estando en verán, pese a que a choiva non quera deixarnos, e algún días sexan un pouco frios, traemos unha nova receita de poste. Tratase dun delicioso xeado,a vez que sorprendente posto que vai feito coa mazá asada. Este postre pode considerarse tamén como unha boa opción de reciclaxe se un día facemos na casa mazás asadas e queda algunha sen comer.
   Na sua forma mais sinxela o xeado ou crema xeada é un postre conxelado, feito a base de lateos, azucre,ovos, auga e froitas, dependendo da variedade. O xeado o introduxo en Europa Marco Polo a través das receitas que coñeceu durante as suas viaxes, e durante moito tempo, foi únicamente manxar de reis.
  Delicioso e refrescante, o xeado e un placer que a todos nos fascina. Comelo é unha experiencia que se disfruta e que ademais aporta unha gran cantidade de nutrintes. O xeado é unha boa fonte de vitaminas, minerais, carbohidratos, proteínas, fibras e lípidos, debido os ingredientes que conten.



Xeado de Mazá
 Ingredientes para 4 persoas(postre)
  • 1 kg de mazás Golden 
  • 1 dl de licor de mazá 
  • 1 clara de ovo
  • 1/2 dlt de tona
  •  50 gr de azucre
 Elaboración:
  1.  Montamos a tona e cando estea semimontada votamos o azucre. 
  2. Asamos as mazás descorazonadas con pel. Trituramos na batidora e logo mezclamos coas tona montada. 
  3.  Batemos unha clara e metemos nun recipiente con tapa é o conxelador.
   Para servilo podemos facelo diretamente nun prato ou nunha copa de xeado, ou coma no caso da fotografía en tulipas de galleta de xeado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario