Neste caso temos un rico prato tradicional na maioria dos fogares, e que podemos considerar como segundo prato ou tamén como plato único.Pero neste caso, para darlle un toque orixinal, imos servilo dun modo novedoso e usar esta receita como rico aperitivo. Esta presentación tamén serve para aproveitar as sobras que nos poidan quedar.
- 1/2 polo,
- 1 kg. de arroz bomba,
- 2 cenorias,
- 100 gr. de hervillas/chícharos.
- 1/2 cebola,
- 2 dentes de allo
- perexil,
- 1 pemento vermello,
- 150 gr. de cogumelos,
- 1 sobre de azafran,
- caldo de polo, de verduras ou auga (o caldo de polo ou o de verduras son imprecindibles para a hora de face-los chupitos)
1. Salpementar o polo e adobalo con allo, perexil e un pouco de viño branco.
2. Nunha media marmita cubrir o fondo con a ceite e unha vez que esté quente botar o polo e douralo. Engadir as hortalizas cortadas en paisana, refogar e incorporar o arroz, o azafrán e o caldo de polo. Sazonar.
3. Remexer e deixar cociñar 25 min. Apagar o lume e deixar repousar 5 min. e espolvorear de perexil picado.
4.Para face la crema dos chupitos trituramos o arroz, engadindo un pouco de caldo, coamos a crema, poñemola sobre uns chupiños e decoramos con polo desmenuzado enriba. Sérvenos como aperitivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario