Os ñoquis (do italiano gnocchi, plural de gnocco, 'bolo' e tamén 'grumo' ou 'pelotilla') son un tipo de pasta italiana e elabóranse con pataca ou plátano ou iuca e sémola de trigo, fariñas (poden ser de millo, castaña, etcétera) e queixo de ricota (con ou sen espinacas). Unha variedade moi coñecida nas rexións de Friuli e Trentino-Alto Adigio e denominada gnocchi dei pane faise con pan relado.
Os ñoquis aparecen frecuentemente baixo os listados de pratos referentes a pasta a pesar de ter uns ingredientes moi diferentes e de posuír diferente forma de preparación. Os acompañamentos dos ñoquis adoitan ser salsa de tomate, manteiga, coroados con hojitas de salvia.
E despois desta definición, pasamos a poñervos a receta.
Ingredientes para 4 Persoas. Entrante.
- 300 gr de fariña de forza
- 600 gr de patacas
- 400 gr de cabaza cocida
- 1 ovo
- sal e pementa
- 400 gr de gambas
- 1/2 pemento vermello
- 1/4 l. tona
- 2 c/g de allo e perexil picado
Elaboración.
- cocemos a cabaza no forno a 160º con aceite e tomiño uns 30 minutos aprox.
- Cocemos a pataca e pasámola polo pasapuré, e importante que a pataca estéa seca. Coa fariña, formamos un volcán na mesa. engadimos o resto dos ingredintes e amasamola suavemente.
- poñemos nunha media marmita con abundante auga e sal, e cando rompa a ferver, botamos os ñoquis coa axuda dunha espumadeira. Cando floten na superficie, significa que xa están cocidos, retiramolos para un bol con auga fría e xeo.
- nunha tixola, co lume forte, salteamos o allo e o pemento cortado en paisana. Engadimos as gambas, salteamos e engadimos a tona. Deixamos cocer por un espazo de 5 minutos e espolvoreamos con perexil picado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario