lunes, 16 de julio de 2012
Empanada de xoubas
Receta
ingredientes para catro persoas:
ingredientes para 4 persoas.
Masa: 500 gr de fariña de millo.
500 gr de fariña de media-forza.
30gr de levadura prensada.
5 dl de aceite de xirasol.
30 gr de sal 1 dl de gaseosa.
100gr de manteiga de tenreira.
1 ovo.
Recheo:
3 cebolas.
2 pementos vermellos.
1/2 taza de salsa de tomate triturado.
1 folla de loureiro.
1 ovo .
Aceite de oliva.
1c/c de pementon doce.
1’5 kg de xoubas.
Elaboracion:
1- Poñer todos os elementos da masa no bol da batidora e co brazo de amasar traballar ata formar unha masa homoxenea. Deixar reposar duas horas cun pano tapado nun sitio cálido.
2- Nunha pota cubrimos o fondo co aceite de oliva e cando esté un pouco quente botamos as hortalizas cortadas en paisana , coa folla de loureiro e unha pizca de sal.Deizamos cociñar lentamente o lume uns 15 minutos aproximadamente.
3- No ultimo momento engadimos a salsa de tomate e o pementón doce.
4- Partimola masa pola mitade estiramos a masa o mas fina que se poida , colocamola sobre unha bandexa de forno untada co aceite engadimos o recheo frio e con pouco liquido.
5- Tapamola coa outra masa ben estirada ; cerramola polos bordes e facemoslle un burato no centro da empanada. Pintamola cun pouco de ovo batido e metemola no forno a uns 200ºc uns 25 minutos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario