miércoles, 18 de julio de 2012

Empanada de raxo

 

 

    Sendo en Galicia moi habitual a empanada, como non animámonos a facer unha,. Neste caso de raxo, que non todas van a ser con produtos típicos da zona de costa, e ben boa que nos saiu.

Empanada de Raxo (2)

 

Ingredientes para 4 persoas:

Masa de empanada:

  • 1 Kg. de fariña de forza
  • 1 chorriño de gaseosa
  • 1 pizca de sal
  • 40 gr. de levadura
  • 1 chorriño de aceite de xirasol

Para o recheo:

  • 1 folla de loureiro
  • 3 cebolas grandes
  • 2 dentes de allo
  • 1 pemento verde
  • 1 pemento vermello
  • 2 c/g de pementón
  • sal
  • 500 gr. de raxo
  • 1 ovo para pintar

Elaboración:

1. Mesturamos os ingredientes da masa. Facémola masa amasando ben e deixando levedar nunha zoa morna, e tapámolo cun pano, ata que duplique o seu volume.

2. Pomos unha pota co fondo cuberto de aceite de oliva, refretimos as cebolas, pemento vermello, pemento verde (cortado en paisana) e o allo (cortado en lascas). Deixámolo refogar lentamente cunha folla de loreiro e as culleradas de pementón.

3. Collemos o raxo, cortámolo en filetes finos e salgámolos.

4. Partimos a masa en dous e estirámola ata facer capas finas. Untar unha praca de forno con aceite de xirasol, por enrriba a masa e cubrir co recheo frío e sen moito mollo. Colocar o raxo por riba e logo por a outra capa de masa. Pechar ben polos lados, facer un hoco no medio da empanada, pinchar co tenedor e pintar co ovo.

5. Meter no forno 180ºC durante 25 min.

No hay comentarios:

Publicar un comentario