viernes, 13 de julio de 2012

Fondo de polo

      Un fondo ou caldo  é unha preparación que se usará como base para outras recetas que precisen a aportación de caldos ou como base para salsas. Os fondos con carnes ou aves tamén poden denominarse fondo oscuro. Os fondos ou caldos de peixe tamen se denominan fumet.
     Para a elaboración dos fondos moitas veces usanse os desperdicios das materias que non serven para outras receitas como os osos de carne, as carcasas do polo ou as espiñas e cabezas dos peixes. 
    Podemos facer grandes cantidades de fondo,e despois conxelalo para telo sempre preparado cando fagamos as elaboración que o precisen.
     Neste caso faremos un fondo de polo que usaremos para varias receitas.

Ingredientes:
  • 2 kg. de carcasas de polo
  •  2 porros
  • 3 cenorias,
  • 1 cabeza de allo
  •  2 polas de apio
  • 2 cebolas
  • auga de mineralización débil.
Elaboración:

1. Refogar as carcasas coas hortalizas cortadas en mirepoix e cubrir coa auga.
2.Poñer a cocer durante varias horas. E moi importante que se coza a lume baixo para que non se enturbie o fondo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario