lunes, 16 de julio de 2012

TARTA MASCOTA


 É  unha tarta clásica a base de bizcoito, crema de manteiga e amendoas, ademais de crema pasteleira, resulta sinxela e fresquiña esta boisima, ainda que engorda bastanate xa que o seu ingredinte principal é a manteiga.


P7040227

Ingredintes:


Para o bizcoito:
  • 450gr de ovos (unhas 10 unidades).
  • 230gr de azucre.
  • 220gr de fariña floxa.
  • 150gr de amendoa moida , raiadura dun limón.

Para a crema de manteiga:
  • 100gr de auga .
  • 350gr de azucre.
  • 500gr de manteiga.
  • 2 ovos.
  • Unhas gotas de limón.

Para a crema pasteleira:
  • 1/4 lt
  • 25 gr de fariña .
  • 1/4 litro de leite.
  • 2 ovos.
  • 50gr de azucre.

Almibar:
  • 1/2 L de auga.
  • 200gr azucre
  • Decoracion:
  • Amendoa fileteada 100gr.
  • guindas vermellas.

Montaxe:
  • bizcoito
  • almibar
  • crema pasteleira
  • almibar
  • crema de manteiga
  • amendoa fileteada mais guindas vermellas

Elaboración:
  1. Montamos os ovos co azucre na batidora ata que colla relieve .
  2. Aparte unir a fariña coa amendoa moida e incorporar coa mestura anterior suavemente con movementos envolventes.
  3. Dispoñer nun molde redondo con papel antigraxo debaixo e untar con manteiga e fariña para desmoldar , fornear a 180ºc ata que tome cor (uns 6 minutos).
  4. Cando este frio cortar pola mitade o bizcoito e emborrachar con almibar.
  5. Rechear coa crema pasteleira cubrir coa outra mitade do bizcoito
  6. Para a crema de manteiga:
  7. Facemos un almibar a punto de hebra floxo cunhas gotas de zume de limón para que non se apelmace o azucre.
  8. Poñemos  os ovos na batidora e batimos cando estén un pouco esponxosos engadimos o almibar a chorro fino.
  9. Deixamos batir ata que forme relieve , deixamos reposar uns 2 minutos para quitar o aire de batir e que alcance entre 15ºc e 20ºc e incorporamos a manteiga en pomada batendo fortemente para blanquear a crema no seu conxunto.
  10. Cubrir a tarta coa crema de manteiga . 
  11. Espolvorear de amendoa fileteada tostada. 
  12. Decorar cunhas guindas vermellas . 
  13. Manter na neveira ata a hora de servir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario