As follas de loureiro son empregadas como condimento na gastronomía europea, sobre todo na Medirettánea, asi como en Norte e Centroamerica,. Na rexión de México, se coñece como laurel de Castilla. Estas empreganse en sopas, guisos, estofados, asi como en carnes e en peixes, mariscos e vexetais. As follas empreganse xeralmente enteiras, e retiradas antes de servir. Tamñen poden ser trituradas ou moidas antes de cociñar, para darlle un mellor gusto á comida. Nesta ocasión lle damos un emprego un pouco diferente ó utilizalo nun postre, un flan. O resultado é sorprendente,xa que o flan admite moi ben todo o tipo de sabores.
O loureiro é un obxeto simbolico da astroloxia para o signo de Aries.
Sobre esta pranta existe un dito antigo " quen planta un laurel nunca ó verá medrar", aludindo ó lento crecemento da pranta,. Ainda que a cultura popular alude a morte do que a pranta.
Ten connotacions simbólicas na cultura romana e na cristiana. Según a mitoloxia, o loureiro é a transformacion da ninfa Dafne que ó ser perseguida por Apolo, foi salvada polo seu pai, o rio Peneo, transformandoa en Loureiro, de ahí Apolo cortou duas ramas e as trenzou elaborando unhas coroas triunfales que empegaban os victoriosos, xenerais e emperadores da antiga Roma, e que chegaron ata os nosos días coma simbolo da victoria.
Hai tamen unha lenda que conta que durante a conquista de Granada, a Raiña Isabel escondeuse detrás dun loureito, na actual localidade de La Zubia, mentras huías duns musulmans granadinos que a perseguían, dende aquel entón, dito loureito que todavía existe coñecese coma loureiro da raíña.
Ingredintes:
- 530gr de leite
- 1 culler grande de loureiro moído
- 300 g de ovo
- 170g de azucre
Elaboración:
- Quentar ó leite e infusionar ó loureiro, coar e reservar.
- Por caramelo na base dun molde de puding ou de moldes individuais e deixar enfriar
- Mesturar os ovos co azucre, e engadirlos ó leite infusionado sen deixar de remexer.
- Encher os moldes e colocar nun baño María no forno a unha temperatura de entre 180-220ºC entre 35 e 45 minutos.
- Deixar enfriar e servir.