O leite frito é un doce de fariña cocida con leite e azucre ata que espesa, cortándose a masa resultante en porcións que se friten. Adoita servirse habitualmente como unha sobremesa, espolvoreada con azucre glas e canela en po, sendo unha receita típica do norte de España.
A orixe da receita é incerta, reivindicando varias rexións españolas a súa autoría, se ben se adoita considerar que xurdiu na Palencia, propagándose logo por diversas provincias. Debido a que segue sendo tradicional elaborar o leite frito de forma caseira e artesanal, existen moitas variantes tanto na receita coma na forma de preparación e a presentación final. Todas elas teñen en común a cocción do leite con azucre, canela en rama e opcionalmente casca de limón.
Ingredentes para 4 persoas.
- 1 litro de leite
- 20 gr de cacao
- 200 gr de azucre
- pó de limón
- canela
Elaboración.
- Fervemos o leite e mesturamos o resto dos ingredentes, ata que collan corpo.
- Dispor nunha bandexa plástica tapada con film e pequenos buratos. Deixar arrefiar ata o dia seguinte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario