Ingredintes:
Para o bizcoito xoconde:
- 1 kl de amendoas moidas
- 400 gr de azucre lustre
- 260 gr de fariña frouxa
- 24 ovos
- 32 claras
- 140 gr de azucre branquilla
- 200 gr de manteiga
- 1 lt de tona por cada 400 gr de chocolate
Elaboracion do ganache:
- Montar a tona na batidora.
- derreter o chocolate no baño maria, deixar enfriar e mesturar coa tona montada.
- Mesturar nun bol os ovos, azucre lustre e amendoas moidas.
- Batir ata que esponxe un pouco e engadir a fariña.
- Montar as claras a punto de neve, engadir o azucre e deixar, que éste ben disolto.
- Derreter a manteiga e deixar enfriar.
- Mesturar co primeiro preparado as claras montadas e seguidamente engadir a manteiga, con cuidado, que non baixe o batido.
- Verter nunha prancha de forno sobre un papel antigraso.
- Cocer no forno a 200º C.
- Retirar do forno e enfriar sobre unha rexilla.
- Partimos en tres pranchas o biscoito.
- Facer un almibar de 1/2 lt de auga, 200 gr de azucre, un chorriño de ron e cafe.
- Emborrachar o biscoito.
- Facer unha crema de manteiga de cafe de 250 gr.Facemos unha capa.
- Cubrir co segundo biscoito emborrachado, napar cunha capa de trufa(ganache 1lt )
- Napar coa terceira capa de biscoito emborrachado, napar con ganache ou glaseado de chocolate empregado para a tarta forasteiro.
- Recortar os bordes dos biscoito para que se miren as capas da tarta.
- Facer un cornet e escribir "ópera " en riba da tarta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario