O sobao ou sobao pasiego é un produto típico dos Vales Pasiegos (especialmente, de Selaya, Veiga de Pas, Villacarriedo e Alceda-Ontaneda) e un dos máis representativos de Cantabria (España). Na receita primitiva os ingredientes eran a masa de pan, o azucre branco e a manteiga. No sobao pasiego antigo engadíanse dous ovos, unha casca de limón relada e o licor de anís ou ron. O sobao moderno xurdiría no ano 1896, cando unha cociñeira do doutor Madrazo, Eusebia Hernández Martín, substituíu a masa de pan por fariña. O sobao pasiego posúe Indicación Xeográfica Protexida dende o ano 2004.
Ingredentes para 4 persoas.
- 250 gr de manteiga
- 220 gr de azucre glass
- 30 gr de azucre invertido
- 5 ovos
- 245 gr de fariña frouxa
- 5 gr de impulsor
Elaboración.
- Mesturar a manteiga en pomada co azucre ata facer unha crema en pomada.
- Incorporarlle os ovos un a un ata sen que se pegue as paredes. Se isto ocorrese botar algo de fariña.
- Mesturar a fariña co impulsor con movementos envolventes despacio.
- Colocar nas cápsulas de sobaos coa manga pasteleira e meter no forno a 180º uns 15 minutos.
- Deixar arrefiar na propia cápsula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario