A lentella é unha pranta anual herbácea da familia das Papilionáceas, con tallos de 30 s 40 cm, endebles, ramosos e estriados, follas oblongas, estípulas lanceoladas, zarcillos pouco arrolados, flores brancas con venas moradas, sobre un pedúnculo axilar, e froito en vaina pequena, con dous ou tres sementes pardas en forma de disco de medio centímetro de diámetro aproximadamente.
Ingredintes:
- 1 kg de lentellas
- 1 sepia
- 1 cebola vermella
- 1/2 cabaciña
- 1 pemento vermello
- 2 dentes de allo
- 1 cenoria
- 1 porro
- 1 ramiña de apio
- 1 tomate
- 2 lt de fumet
Elaboración:
- Cortamos a sepia en anacos regulares, a adobamos con allo e perexil picado con aceite de oliva
- Cortamos as hortalizas en mirpoix pequena, cubrimos o fondo dunha pota e unha vez quente refogamos as hortalizas e botamoslle un belisco de sal.
- Incorporámoslle a sepia e deixamos cociñar por un espazo de 10 minutos.
- A parte lavamos as lentellas e botamoas coa preparación anterior. Cubrimos co fumet de peixe e deixamos cociñar uns 30 minutos.
- Poñer a punto de sal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario