Esta é unha desas receitas que fanche quedar como unha raiña
cando a presentas na mesa. Polo seu colorido e vistosidade é moi
adecuada para unha reunión familiar. Podese ter preparada con
antelación ( incluso de víspera) e quentala e servila no último
momento.
- unha aleta de terneira ou vacio
- un paquete de espinacas frescas
- 2 cenorias
- salpementa
- aceite
- 2 ovos
- 100 gr de carne picada
- 1 cebola
- 2 dl de brandi ou xerez
- 2 dentes de allo
- perexel picado
- 1 c/c de maicena
- Damoslle forma a aleta, abrimola, espalmamola e salpementamos.
- Para o recheo: Facemos a mestura de carne picada,allo, perexel, un ovo revolto, salpementa e o deixamos repousar uns 20 minutos.
- Có outro ovo facemos unha tortilla plana, saltemos as espinacas, cocemos as cenorias enteiras uns 10 minutos.
- Dentro da aleta colocamos a tortilla de ovo enriba as espinacas, as cenorias e a carne picada.
- Pechamos ben a aleta e bridamola con bramante.
- Metemos no forno a 180 º uns 10 minutos, e botamoslle o brandi e unpouco de fondo de terneira.
- Deixamos cocer outros 45 minutos xa tapado.
- Acompañar de patacas graten.
- Fanse patacas panadeira, cunha cebola en xuliana, salteamolas, salpementamos, cubrimos con tona e queixo de fundir, e deixamos cocer no forno uns 25 minutos.
- Cando esten cocidas facer pequenos pasteliños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario