Para facelo un pouco mais sorprendente empregamos un colorante alimentario verde, co que a miga do biscoito era moi chamativa e contrastaba co dourado da corteza e o laranxa do azucre glass de laranxa que o recubria.
Ingredintes:
- 400 gramos de manteiga a temperatura ambiente
- 500 gramos de azucre lustre ( glass)
- raladura de duas laranxas
- 100 gr de zume de laranxa
- 7 ovos
- 500 de fariña de trigo frouxa tamizada
- 5 gr de impulsor ( levadura química tipo Royal)
- Unha cullerada de licor de laranxa ( opcional )
- unhas gotas de colorante ( opcional)
- azucre glass de laranxa para decorar ( opcional)
Elaboración:
- Precalentar ó forno a 175ºC.
- Por na batidora de varillas a manteiga, azucre lustre, raladura de laranxa,e licor. Batir hasta exponxar ( obtense unha crema uniforme)
- Engadir os ovos de un , e a intervalos engadir o zume de laranxa, pouco a pouco para que non se corte a masa. Non engadir outro ovo ata que o primeiro non este na masa.A velocidade baixa.
- Incorporamos a fariña, e cando este misturado o colorante. Batemos ben a velocidade baixa.
- Forneamos a 175ºC durante unha media hora ou ata que o pinchar cunha agulla esta saia limpa.
- Sacamos do forno e espolvoreamos con azucre glass de laranxa para decorar
Azucre glass.
Raladura de laranxa secada e triturada.
Misturamos todo e temos un rico azucre glass de laranxa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario