A palabra timbal fai referencia a un molde circular que se usa para presentar pratos, e tamén se emprega para denominar as preparación feitas usando este molde. Normalmente usase para o arroz ainda que neste caso o empregamos como xeito de presentar este entrante freco ideal para o verán.
Ingredientes:
- 4 tomates maduros
- 2 mozzarellas
- sal e pementa
- aceite de alfábrega
- baby espinacas
- unha culleriña de café de azucre
- ourego fresco.
Elaboración:
- Cortar en rodelas o tomate, a mozzarella e salpementar ambos ingredientes.
- Saltear as espinacas cun belisco de sal e reservar.
- Nun aro redondo ( o timbal ) ir interpondo o tomate, coulis de alfábrega ( faise tritutrando unhas follas de alfabrega fresca con aceite de oliva, quedando como unha salsa espesa ), mozarella, espinacas, asi ata cubrir o aro.
- Presentamolo no centro do prato. Como truco para casa, se non temos o timbal, podemos empregar unha taza. Neste caso montamos o prato dentro da taza, e despois damoslle a volta, tendo en conta que o fondo da taza terá a parte superior da nosa presentación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario