As fajitas son un dos pratos máis tradicionais e deliciosas da cociña Tex-Mex. Consiste en carne asada á grella e picada servida sobre unha tortilla de fariña de millo. Orixinariamente as fajitas elaborábanse só con carne de vaca; hoxe en día popularizáronse con carne de porco, polo (Chiken fajita), etc.; mesmo con camaróns. Nalgúns restaurantes ásase a carne xunto con pementos e cebolas. Os condimentos máis populares para acompañar as fajitas son a crema agre, o guacamole, pico de galo, queixo e tomate.
Ingredentes para 4 persoas.
- 1/2 kg de carne picada
- 100 gr de bacon
- 2 tomates ralados
- 1 chile
- 100 gr de cebola
- 1 pemento vermello
- 1 pemento verde tipo italiano
- allo e perexil picado
- sazoador de fajitas
- millo cocido
- 300 gr de fariña de millo
- 1 c/c de sal
- 300 ml de auga
- 1 dl de aceite de xirasol
Elaboración.
- Facer a farsa cos ingredentes da seguinte maneira: o bacon en tiras finas, a carne adobada co perexel e allo, chile, tomate ralado.
- Por outra banda, saltear os pementos e a cebola cortada en xuliana co millo cocido.
- Mesturar todo e saltear, sazoamos. Por outra banda, facemos a masa das fajitas, damoslle forma redonda e as aplastamos. As marcamos nunha tixola.
- Rechear as fajitas e as envolvemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario