lunes, 3 de septiembre de 2012

ALETA DE TERNEIRA RECHEA

Esta é unha desas receitas que fanche quedar como unha raiña cando a presentas na mesa. Polo seu colorido e vistosidade é moi adecuada para unha reunión familiar. Podese ter preparada con antelación ( incluso de víspera) e quentala e servila no último momento.


Ingredintes: 


  • unha aleta de terneira ou vacio
  • un paquete de espinacas frescas
  • 2 cenorias
  • salpementa
  • aceite
  • 2 ovos
  • 100 gr de carne picada
  • 1 cebola
  • 2 dl de brandi ou xerez
  • 2 dentes de allo
  • perexel picado
  • 1 c/c de maicena
Elaboración: 


  1. Damoslle forma a aleta, abrimola, espalmamola e salpementamos.
  2. Para o recheo:  Facemos a mestura de carne picada,allo, perexel, un ovo revolto, salpementa e o deixamos repousar uns 20 minutos.
  3. Có outro ovo facemos unha tortilla plana, saltemos as espinacas, cocemos as cenorias enteiras uns 10 minutos.
  4. Dentro da aleta colocamos a tortilla de ovo enriba as espinacas, as cenorias e a carne picada.
  5. Pechamos ben a aleta e bridamola con bramante.
  6. Metemos no forno a 180 º uns 10 minutos, e botamoslle o brandi e unpouco de fondo de terneira.
  7. Deixamos cocer outros 45 minutos xa tapado.
  8. Acompañar de patacas graten.
  9. Fanse patacas panadeira, cunha cebola en xuliana, salteamolas, salpementamos, cubrimos con tona e queixo de fundir, e deixamos cocer no forno uns 25 minutos.
  10. Cando esten cocidas facer pequenos pasteliños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario