miércoles, 19 de septiembre de 2012

Leite Frito de cacao


O leite frito é un doce de fariña cocida con leite e azucre ata que espesa, cortándose a masa resultante en porcións que se friten. Adoita servirse habitualmente como unha sobremesa, espolvoreada con azucre glas e canela en po, sendo unha receita típica do norte de España.
A orixe da receita é incerta, reivindicando varias rexións españolas a súa autoría, se ben se adoita considerar que xurdiu na Palencia, propagándose logo por diversas provincias. Debido a que segue sendo tradicional elaborar o leite frito de forma caseira e artesanal, existen moitas variantes tanto na receita coma na forma de preparación e a presentación final. Todas elas teñen en común a cocción do leite con azucre, canela en rama e opcionalmente casca de limón.

Ingredentes para 4 persoas.
  • 1 litro de leite
  • 20 gr de cacao
  • 200 gr de azucre
  • pó de limón
  • canela

Elaboración.
  1. Fervemos o leite e mesturamos o resto dos ingredentes, ata que collan corpo.
  2. Dispor nunha bandexa plástica tapada con film e pequenos buratos. Deixar arrefiar ata o dia seguinte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario