lunes, 3 de septiembre de 2012

TARTAR DE SALMÓN



O steak tartar é un prato do recetario clásico, que nos últimos tempos  cedeu o  seu nome a pratos máis vanguardistas cos que non garda  máis que o corte fino a coitelo do ingredinte principal ou alguns dos seus ingredintes básicos.
Este Tartar de salmón , parte de sustituir a carne de terneira cru polo salazón de peixe que  picaráse finamente a coitelo e a que se lle engaden todoslos ingredintes da receita orixinal, menos a xema do ovo.



Ingredintes:

  • 250 gr de salmon fresco
  • 1 C/G de alcaparras
  • zume dun limon
  • salpementa
  • aceite de oliva
  • ceboliño
  • perexel
  • 50 gr de cebola tenra
  • 1 C/C de mostaza inglesa
Para a salsa de olivas verdes e limón-lima:

  • zume dun limon
  • zume dunha lima
  • salpementa
  • 100 ml aceite de oliva
  • 1 pataca
  • 12 aceitunas verdes sen oso
  • 1 C/G de auga quente
  • 50 gr de cebola tenra
  • 1C/C de mostaza inglesa

Elaboración:

  1. Cortar o samon en dadiños pequenos.
  2. Meter dentro dun bol.
  3. Engadir as alacaparras.
  4. Salpementar.
  5. Cortar a cebola tenra en paisana e picar as herbas finamente.
  6. Incorporar o zume de limon, aceite de oliva e mostaza.
  7. Remexer ben e deixar reposar unha hora antes de servir.
  8. Servir en follas de endivia e achicoria.
Salsa de aceitunas verdes e limon-lima:

  1. Cocer a pataca coa pel e unha vez cocida esmagamos coma para pure.
  2. Pelamos o limon retirandolle os gaxos, e troceamolo en anacos pequenos.
  3. Cortar a cebola tenra en brunoise, o perexel picado e as aceitunas en brunoise.
  4. Mesturamos todolos ingredintes e botamos por riba do tartar de salmon.

No hay comentarios:

Publicar un comentario