lunes, 3 de septiembre de 2012

SALMON MARIÑADO

     Esta receita de salmón mariñado é un dos peixes máis ricos en omega-3, un ácedo graxo esencial no noso organismo xa que reduce e impide a acumulación do colesterol, reduce o nivel de triglicéridos e a presión arterial, preven do infarto de miocardio e otras enfermidades cardiovasculares, e combate a artritis, entre outras moitas virtudes.
     Esta receita de Salmón mariñado, consiste en facer unha salazón có peixe fresco, dándolle unha textura diferente. Incluso o sabor cambia e a os que non lles gusta este peixe, o disfrutan na sua versión mariñada.


Ingredintes:

  • 500 gr de lombo de salmon
  • 15 gr de eneldo
  • uns grans de pementa negra
  • unhas follas de fiuncho
  • raladura dun limon
  • 200 gr de azucre
  • 200 gr de sal groxa

Elaboración:

  1. Mesturar todolos ingredintes nunha bandexa metalica, dispor unha capa por debaixo e outra por riba do salmon cubrindo todo .
  2. Deixar 2 horas de mariñada, despois retirar cunha culler toda a mariñada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario