miércoles, 19 de septiembre de 2012

Sobaos pasiegos


     O sobao ou sobao pasiego é un produto típico dos Vales Pasiegos (especialmente, de Selaya, Veiga de Pas, Villacarriedo e Alceda-Ontaneda) e un dos máis representativos de Cantabria (España). Na receita primitiva os ingredientes eran a masa de pan, o azucre branco e a manteiga. No sobao pasiego antigo engadíanse dous ovos, unha casca de limón relada e o licor de anís ou ron. O sobao moderno xurdiría no ano 1896, cando unha cociñeira do doutor Madrazo, Eusebia Hernández Martín, substituíu a masa de pan por fariña. O sobao pasiego posúe Indicación Xeográfica Protexida dende o ano 2004.

Ingredentes para 4 persoas.
  • 250 gr de manteiga
  • 220 gr de azucre glass
  • 30 gr de azucre invertido
  • 5 ovos
  • 245 gr de fariña frouxa
  • 5 gr de impulsor


Elaboración.
  1. Mesturar a manteiga en pomada co azucre ata facer unha crema en pomada.
  2. Incorporarlle os ovos un a un ata sen que se pegue as paredes. Se isto ocorrese botar algo de fariña.
  3. Mesturar a fariña co impulsor con movementos envolventes despacio.
  4. Colocar nas cápsulas de sobaos coa manga pasteleira e meter no forno a 180º uns 15 minutos.
  5. Deixar arrefiar na propia cápsula.

No hay comentarios:

Publicar un comentario